lunes, 20 de diciembre de 2010

BO NADAL

















OS NENOS E NENAS DE MIRÓN DESÉXANVOS UN BO NADAL E UN FELIZ ANO 2011.
NA ESCOLA DE MIRÓN FIXEMOS UNS ADORNOS PARA A ÁRBORE DE NADAL:

1º FORRAMOS UNHA CAIXA DE MISTOS CON FORRO VERMELLO.
2º PICAMOS UNHA ÁRBORE DE GOMA EVA E A PEGAMOS NA CAIXA.
3º FIXEMOS BOLIÑAS DE CORES CO SACABOCADOS E AS PEGAMOS NAS PUNTAS DA ÁRBORE.
4º BOTÁMOSLLE PURPURINA DE CORES POR TODA A ÁRBORE.

FELICITACION DE NADAL DESDE ARTES

Ola somos os nenos e nenas de Artes.
Nós facemos un portal de Belen para desexarvos un Feliz Nadal.

viernes, 17 de diciembre de 2010

jueves, 16 de diciembre de 2010

miércoles, 15 de diciembre de 2010

OS TRES CAMELOS DOS REIS.



OLA NENOS E NENAS DE TODAS AS ESCOLAS DO CRA. COMO XA VAI CHEGAR O NADAL MANDÁMOSVOS UNHA POESÍA DOS REIS MAGOS. APROVEITAMOS PARA FELICITARVOS AS FESTAS DO NADAL.

OS TRES CAMELOS DOS REIS.
Os tres camelos dos Reis
ao chegaren a Galicia,
como non viron deserto,
escachaban coa risa.
E, ao veren tanta auga
nos regatos e nas rías,
- Que catarro imos coller
como veña unha chovisca!.
Melchor toca unha gaita,
Baltasar un tamboril,
o Gaspar, que non é músico,
aluméaos cun candil.

jueves, 25 de noviembre de 2010

O PAÍS DOS MANDÓNS.


Ola!. Somos os nenos e nenas de Berdillo. Estamos moi contentos por poder escribir no noso blogue. Tamén vos queremos lembrar que mañán día 26 ás 6 da tarde temos un contacontos na ludoteca de Carballo. O conto titúlase " O país dos mandóns". Vémonos alí.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

XOANELANDIA


OLA SOMOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE XOANE. SOMOS 5 NENOS E 3 NENAS. GUSTOUNOS VOLVER A VER O MECO. ESPERAMOS COÑECERVOS PRONTO.

PABLO.

sábado, 6 de noviembre de 2010

Vaia nomes máis chulos!!!

Ola chicos e chicas!. Estou moi contento co voso traballo. Agora os profes máis eu temos que pensar un pouquiño. Xa pronto teremos nome para o noso blogue!!!.

lunes, 18 de octubre de 2010

Cómo queredes que se chame o voso blogue?.

Ola nenos e nenas!.  Acordádesvos de mín?. Son o Meco e vos veño a presentar o voso blogue onde escribiredes ó longo deste curso 2010-2011. Como queredes que se chame?. Escribide o voso título nos comentarios e eu, xunto cos mestres e mestras do CRA, elexiremos o que máis nos goste. Sorte a todos!.