martes, 22 de noviembre de 2011

O Magosto






Que ven o pasamos no MAGOSTO!!!
Xogamos, veu un castañeiro e nos amosou o carro e como facía as catasñas e por suposto...COMIMOS MOITAS, MOITAS CASTAÑASSSSS....

domingo, 30 de octubre de 2011

SAMAÍN EN BERDILLO



QUE MEDO!!!
E QUE BEN O PASAMOS FACENDO CABAZAS, PANTASMAS, MORCEGOS, PÓCIMAS MÁXICAS...

sábado, 10 de septiembre de 2011

XA ESTAMOS DE VOLTA

Ola,

xa estamos de volta!!!

Desexámosvos, a todos, un bo comenzo de curso 2011-12 e recordade que as clases empezan o luns 12 de 10 a 13h.

Vémonos nas escolas!!!

martes, 7 de junio de 2011

Fomos de excursión por Carballo.

Ola!!! Somos os compañeiros e compañeiras de Berdillo. O pasamos moi ben o día 27 de Maio de excursión. Antes de empezar o paseo polo río Anllóns fomos o parque e o mercado. Despois fomos a ludoteca onde pintamos e xogamos e tamén fomos a biblioteca a mirar libros. Por fin fomos de paseo pola beira do río Anllóns. Paramos no bosque e merendamos pan de ovo e galletas. Á volta xogamos todos xuntos nun campo. O pasamos moi ben. Como sacamos tantas fotos á profe María non lle collen todas nun slide e aquí volas deixamos en dous. Bicos dos nenos e nenas de 2º de Primaria de Berdillo.

lunes, 30 de mayo de 2011

EXCURSIÓN POLO RÍO ANLLÓNS


FOMOS DE EXCURSIÓN POR CARBALLO E ANTES DA CAMIÑATA POLO RIO ANLLÓNS ESTIVEMOS NA BIBLIOTECA E A LUDOTECA MUNICIPAL.
QUE BEN O PASAMOS!!!

jueves, 26 de mayo de 2011

En Berdillo celebramos o Día das Letras Galegas


Na escola de Berdillo celebramos a festa das Letras Galegas aprendendo moitas cousas sobre o autor homeaxeado, Lois Pereiro. Fixemos fichas, marcapáxinas e os pequenos aprenderon un poema que se chama " Revisando danos". Copiaban os xestos dun profe dun cole de Noia. Como non se escoita moi ben aquí vos deixamos o poema:
Revisando danos.
A man dereita, á dereita do corpo.
A man esquerda, á esquerda.
En plenas facultades.
Teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos
nos meus soños escasos e prudentes.

martes, 24 de mayo de 2011

BIOGRAFIA LOIS PEREIRO

Entre os nenos do CRA Ponte da Pedra, fíxose este video-resumo da vida de LOIS PEREIRO, homenaxeado nas LETRAS GALEGAS 2011
ESPERAMOS QUE VOS GOSTE!!!!

domingo, 3 de abril de 2011

MARCHOU DON INVERNO

Ola de novo! Os nenos e nenas de Rega queremos despedir o inverno cunha poesía que aprendimos nestes meses. Esperemos que vos guste. Aquí vos deixamos a letra por si a queredes aprender.
"Co ceo nubrado,
co mar enfadado,
xa todo se viste de cores máis tristes.
Xeadas e neve,
e o sol é máis feble,
chuvia nos tellado,
paxaros calados,
animais durmidos
e rios crecidos.
Inverno escuro
e moito me aburro
e con tanto frío
na casa quentiños
contaremos contos
en soños envoltos.
Quedamos en ascuas
so flores de Pascua,
camelias preciosas
e olor a mimosas.
Ao chegar Antroido
pasa o mal agoiro,
disfraces e bromas
e olor a mimosas.
Ao chegar abril
hai flores mil,
e o cuco que canta
inverno arranca,
como por engado
todo soleado.
Morreu o inverno,
adeus ata vernos"



Feliz comezo da primavera!!!!!!!!!!!

miércoles, 16 de marzo de 2011

OS AFRICANOS DE REGA


QUE FESTIVAL TAN DIVERTIDO!! A NOSA PRESENTACIÓN FOI ASI:

"OS DE REGA ENTRAMOS EN ACCIÓN
DE AFRICA VEN A NOSA CANCIÓN
COA SELVA E OS CHIMPANCES NO NOSO CORAZÓN
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE UN MONTÓN"

¿A QUE ESTAMOS MOI "AFRICANOS" NESE BAILE?

OS HIPPIES DE BERDILLO.

A QUE ESTAMOS GUAPOS?. ESTE É O DISFRAZ DE HIPPIES QUE LEVAMOS Á FESTA DO ENTROIDO.
NA PRESENTACIÓN DO FESTIVAL FIXEMOS UNHA COPLA MOI CHULA:
" NON PENSEDES QUE A BERDILLO XA CHEGOU A PRIMAVERA,
E QUE OS HIPPIES LLES GUSTABA VESTIR DESTA MANEIRA.
CON MÚSICA DOS BEATHLES, MOITO RITMO E BO HUMOR,
VOS DESEXAMOS A TODOS:
PAZ E AMOR"
ESPERAMOS QUE TODOS E TODAS O PASÁREDES TAN BEN COMA NÓS.

domingo, 20 de febrero de 2011

AFRICA


Na escola de Rega estamos aprendendo cousas sobre Africa. Por agora sabemos o nome dalgúns intrumentos: o djembé e o pao de chuvia.

lunes, 14 de febrero de 2011

Amor e Artes escríbense con "A"

Ola a todos!
Os nenos e nenas de Artes queremos celebrar con todos o San Valentín recitándovos unhas bonitas poesías...
Esperamos que vos gusten!

O DÍA DE SAN VALENTÍN.


VAIA SORPRESA QUE NOS DERON OS NENOS E NENAS DA CLASE DOS PEQUENOS!. COMO HOXE É O DÍA DE SAN VALENTÍN, NOS FIXERON UNHA TARXETA DE CORAZÓN CUN OSIÑO ONDE ESCRIBIRON O SEU NOME. REGALÁRONNOLA PORQUE NOS QUEREN MOITO. FELIZ DÍA DE SAN VALENTÍN!

miércoles, 9 de febrero de 2011

GARBANCITO XA MEDROU!





ACORDÁDESVOS DE CANDO PRANTAMOS OS GARABANZOS? POIS MIRADE QUE GRANDES ESTÁN, AGORA ÍMOLOS LEVAR PARA A CASA PARA PRANTALOS NA TERRA.

martes, 8 de febrero de 2011

CRISPÍN, O PORQUIÑO QUE O TIÑA TODO.


AS PROFES BEGO Y MÓNICA CONTÁRONNOS UN CONTO MOI CHULI: CRISPÍN O PORQUIÑO QUE O TIÑA TODO.

DESPOIS PENSAMOS NAS COUSAS QUE PODERÍAMOS FACER NÓS SI TIVERAMOS UNHA CAIXA GRANDE.

- UN DEBUXO ENTRE TODOS. ALEX.

- UNHA CASIÑA. MARTÍN.

- UN PATO. LAURA PENA.

- UN BARCO. LAURA RODRÍGUEZ.

- PINTAR UN DEBUXO. NEREA.

- UN CORAZÓN. UXÍA.

- UN COHETE. ÁNGEL.

- UNHAS VENTANAS CON CORTINAS. CLAIRE.

- UN CORAZÓN. LUCÍA.

- UNHA BASE ESPACIAL. HUGO.

- UNHA CASA PARA A XENTE. ANA.

- UNHA NAVE ESPACIAL. BRAIS.

- BONECAS. ALISSEA.

- UN COHETE. JANO.

E VÓS QUÉ FARÍADES CUNHA CAIXA GRANDE?...

viernes, 4 de febrero de 2011

EN XOANE TAMEN SOMOS MEDICOS



Nos medimos, nos pesamos e tomamos a temperatura. A profe case chama a ambulancia, porque non chegabamos a 36.5 º C. jejeje...
PABLO

viernes, 21 de enero de 2011

¡ SOMOS MÉDICOS!


Na escola de Rega, montamos un hospital. Hoxe, os de primaria, pesamos e medimos a todos os nenos. Foi moi divertido. Ata outra!

martes, 18 de enero de 2011

Garbancito

O xoves 13 de Xaneiro fomos a ver a obra de teatro Garbancito. Gustounos moito. Despois prantamos un garbanzo cos pequenos todos xuntos no patio. Imos regalos a miúdo para ver se xermina.